Evento: XXVIII edición do Festival de Poesía do Condado
XXVIII edición do Festival de Poesía do Condado
venres, 5 setembro, 2014 a sábado, 6 setembro, 2014
Salvaterra do Miño,
Salvaterra de Miño XXVIII edición do Festival de Poesía do Condado
Música, poesía, obradoiros, mesas redondas e audiovisuais baixo o lema desta edición 'Escrever nas margens'
O programa inclúe actuacións musicais como as de Sés, A Quenlla, Fortuítos, The Tetas Van, Liska! a Fanfarria Takikardia ou Blues do País. Viale Moutinho, Teresa Moure, F. Álvarez Koki, Alicia Fernández, Paula Carballeira, Ismael Ramos, Marília Miranda, Xabier Cordal, Xesús Rábade, Berta Dávila e Concha Rousia serán os autores que recitarán no encontro na noite do sábado, día 6. A maiores, hai proxeccións audiovisuais, un obradoiro de pandeireta, mercado de artesanía e mesas redondas sobre cuestións como a banca ética ou a bioconstrución.
Máis eventos de tipo Festival