Evento: XVII Festival Xironsa

  • XVII Festival Xironsa
XVII Festival Xironsa
venres, 25 agosto, 2017 a sábado, 26 agosto, 2017
Praza da Seca en Corvillón,
Cambados

XVII Festival Xironsa

Música folk e tradicional

A parroquia de Corvillón, en Cambados, convértese un ano máis nun punto de encontro para os amantes da música folclórica e popular. Chega da man do Festival Xironsa, que acada a súa edición número 17. 

As celebracións comezan o venres 25 coa actividade previa III Serán Xironsa, onde poderemos gozar coa actuación da Asociación Cultural Penaguda. 

O sábado arrinca o festival coa celebración da sesión vermú, amenizada polo grupo Abóbriga, e ás 14.00 horas comezará o xantar, cuxa sobremesa contará coa actuación das Pandereteiras Xironsa. Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País, Sindicato da Verbena, O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, Boudebou Gaiteiros e Xironsa farán bailar ao público durantes os concertos da tarde e a noite.

Ademais, os asistentes poderán gozar dunha zona de acampada gratuíta, feira de artesanía e xogos tradicionais. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos