Evento: Morcheeba
Morcheeba
Esta banda británica nace a mediados dos anos 90 e nun principio os integrantes do grupo eran Ross e Paul Godfrey, dous irmáns que interpretaban as melodías con multitude de instrumentos e cunha mesa de mesturas como dj, O grupo contaba con Skye Edwards como vocalista, pero en 2003 deixa a banda.
Despois de moitos anos gravando discos con outra vocalista e tras ver o rexeitamento por parte dos fans, finalmente no ano 2009 Skye Edwards regresa á banda.
Morcheeba é un grupo que mestura diferentes xéneros como o pop, o trip hop e o blues. Despois de tantos anos, chegan a ter moito éxito por todo o mundo. O seu último álbum publícase en 2013 e chámase Head Up High e a canción máis coñecida do disco é Gimme Your Love.
Máis eventos de tipo Concerto