Evento: Florencia Paz e Lucas Caballero

  • Florencia Paz e Lucas Caballero
Florencia Paz e Lucas Caballero
xoves, 10 agosto, 2017 - 21:30
Aturuxo Bar,
Bueu

Florencia Paz e Lucas Caballero

Florencia Paz e Lucas Caballero

Os artistas arxentinos Florencia Paz e Lucas Caballero presentan o segundo tour europeo, "Todos los caminos - 2017". Nesta ocasión achegan un show conformado polos proxectos solistas e o cruzamento de ambos os artistas. Cancións con raíz en Arxentina, e ramas que se estenden cara a Latinoamérica e o mundo.

Florencia Paz (Buenos Aires), xove cantante de folclore, tradicional e moderna, creceu entre Buenos Aires e Santiago del Estero; criouse no seo dunha familia musical, "Los Manseros Santiagueños", un cuarteto tradicional, con uniformes gauchos, formado hai máis de 45 anos, que cimentou o cancionero popular folklórico arxentino fundado polo pai de Florencia. Presenta o seu flamante segundo disco, "Despertar", editado por S-Music, filial de Sony Music en Arxentina, un disco con sons de terra dentro e que arrisca mais alá do tradicional, cara a novas formas, para mostrar a súa propia mirada e sentir da música folklórica. Ademais, o repertorio inclúe cancións do seu primeiro disco e algún clásico do cancioneiro popular de Latinoamérica.

Lucas Caballero é un músico arxentino (Formosa), guitarrista e vocalista de Guauchos (prestixiosa banda arxentina de folk-rock, gañadora do Premio Gardel a "Mellor Álbum Novo Artista Folclore" polo seu segundo disco, "Pago" en 2014), compositor, produtor artístico, socio fundador de Mercurio Disquería (Buenos Aires-Arxentina), unha discográfica de artistas e selos independentes da escena nacional e arredores. Durante 2015 e 2016 realizou a produción do segundo disco de Florencia Paz.

Na actualidade produce proxectos de novos artistas da escena emerxente arxentina, e tamén fai música para cinema. Con Guauchos, en xullo-agosto de 2014, realizou a súa primeira xira europea (España e Francia). En 2015 xunto a Florencia inauguraron o tour que leva o nome "Todos los caminos" (España, Francia e Portugal).

Nesta ocasión presenta o seu proxecto solista, 'Caballero del Monte', unha proposta que resume a obra e actualidade do artista, cancións folklóricas que cambian de pel e fusiónanse coa contorna e o momento. Nas cancións sente a frescura dos ríos que abrazan o litoral e como se transforman no transcurso do percorrido polas cidades do mundo.

Esta programación pode variar. Cómpre comprobar datas e horarios concretos no espazo de programación.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal
Xira 25 aniversario
27 de xuño
Auditorio Constante Liste
Back To Glory Days
27 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Conto-concerto
28 de xuño
Praza García Barbón