Evento: Nada Surf

Nada Surf
venres, 28 xullo, 2017 - 22:30
Praza da Quintana,
Santiago de Compostela

Nada Surf

A banda neoiorquina Nada Surf actuará nas Festas do Apóstolo en substitución de Macy Gray

Macy Gray, a estrela de R&B e soul, vén de cancelar a súa xira europea por motivos persoais. Por iso, o Concello programou no seu lugar as actuacións da banda neoiorquina Nada Surf e da compostelá Ivy Moon, que cubrirán o oco deixado pola cantante.



Nada Surf 

Nada Surf é un grupo de rock alternativo formado en Nova York en 1992. Actualmente está integrado por Matthew Caws (guitarra e voz), Daniel Lorca (baixo e voz), Doug Guillard (guitarra) e Ira Elliot (batería e voz). A banda obtivo o recoñecemento mundial en 1996 grazas ao single "Popular", pertencente ao álbum High/Low. Ademais de repasar os seus grandes éxitos, presentarán en Compostela o seu último disco, Peaceful ghosts, lanzado en 2016, uns meses despois do anterior álbum, You know who you are.



O seu oitavo álbum pódese considerar a colección máis representativa das súas décadas de carreira do grupo. Producido por Tom Beaujour en Nuthouse Recording, supón o primeiro da banda oficialmente como un cuarteto, con Doug Guillard como segundo guitarra. Nada Surf é ademais o cabeza de cartel do Low Festival de Benidorm.



Ivy Moon 

Ivy Moon naceu en Compostela en 2014 co rock alternativo e a psicodelia como base da súa música. Nese mesmo ano xa debutaron nun festival de renome como o Brincadeira Festival, celebrado en Compostela. Alí presentaron o seu primeiro EP, que foi o seu traballo de presentación. Grazas ao pulo do festival comezaron unha xira por numerosas vilas galegas. En 2015 lograron ser finalistas do EISV Music de Vigo e estiveron entre os finalistas do concurso BDcode, organizado polo DCode Festival de Madrid. Tamén representaron a España no Festival Imagine de Zabreg.

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria