Evento: Visita guiada polo Arquivo Histórico provincial de Ourense

Visita guiada polo Arquivo Histórico provincial de Ourense
mércores, 11 outubro, 2017 - 19:00
Arquivo Histórico provincial de Ourense,
Ourense

Visita guiada polo Arquivo Histórico provincial de Ourense

Farase fincapé nos elementos musicais que custodia

Nesta xornada de Espazos Sonoros, como aperitivo ao concerto que terá lugar no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terase a oportunidade de facer unha pequena visita guiada ao Arquivo Histórico Provincial. Alí poderase ver os orixinais manuscritos de dúas obras inéditas, da segunda metade do século XVIII, que foron recuperadas e transcritas por encargo do festival para seren interpretadas durante o posterior concerto. As obras foron compostas por Antonio Krause, un capelán de Bohemia (na actualidade, parte da República Checa), e consérvanse nun atado, de orixe descoñecida, xunto a diversas partituras e outros documentos.

Krause dicíase discípulo do mesmo Haydn, daquela o músico europeo de moda, o que entra dentro do plausible tendo en conta as datas nas que viviu e a súa procedencia. Así e todo, o máis interesante neste caso é que o arquivo conserva as dúas únicas copias, que se saiba, destas pezas, que foron anunciadas polo autor para a súa venda na Gaceta de Madrid. Ademais, farase unha visita xeral para coñecer o arquivo e farase fincapé nos elementos musicais que custodia.
 

Hora e lugar:  19.00 h, na sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, rúa Hernán Cortés, n.º 2

Capacidade máxima: 40 persoas

Inscrición: do 30 de setembro ao 10 de outubro, en actividades@espazossonoros.org

 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Día das Letras Galegas e Compostela
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal