Evento: Pablo Seoane

Pablo Seoane
sábado, 7 outubro, 2017 - 17:30
Igrexa de San Salvador,
Lourenzá

Pablo Seoane

Peza en sete partes para os órganos de Lourenzá

“Parábase” é unha peza en sete partes que atende ao curso desas relacións especulares e á converxencia dos xestos asimétricos, una especie de construción antifonal sobre a dificultade de concibir calquera identidade. Foi creada especificamente por Pablo Seoane para Espazos Sonoros e para os órganos da igrexa de San Salvador de Lourezá. “Parábase” está directamente inspirada na natureza xemelga dos instrumentos nos que será interpretada: dous exemplares únicos dentro da paisaxe organística galega que soarán conxuntamente, por vez primeira en moito tempo, nunha singular experiencia sonora.

A obra, que porá punto final en Espazos Sonoros á sexta xornada de roldas pola paisaxe organística galega, tenta explorar os recursos e as potencialidades expresivas destes dous instrumentos nos que aínda é posible apreciar a beleza, a nobreza e o porte do seu son, a pesar da inevitable pátina que neles deixou o paso do tempo.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura