Evento: Miguel Bosé
Miguel Bosé
Miguel Bosé actuará o 25 de xullo no Auditorio de Castrelos a partir das 22:00, o seu concerto está englobado dentro das Festas de Vigo deste ano.
Este artista español obtén un gran éxito desde hai moitos anos polas súas cancións, dándolle unha gran traxectoria no panorama musical do mundo. Na súa nova xira presenta o seu single Estaré que obtén moito éxito entre toda a poboación.
No concerto ademais pódese gozar das súas cancións máis coñecidas desde hai anos como Amiga, Linda ou Amante bandido.
O seu último álbum ten a certificación en México de Disco de Oro y Platino. Tamén recibe o Premio Ondas que recoñece ao músico polos seus máis de corenta anos de carreira musical, representando unha icona na cultura pop desde hai moitos anos.
Máis eventos de tipo Concerto