Evento: Deliverance (Defensa)

Deliverance (Defensa)
mércores, 19 xullo, 2017 - 22:30
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Deliverance (Defensa)

Thriller de John Boorman

Dirección: John Boorman; Guión: James Dickey (Novela: James Dickey) 
Intérpretes: Jon Voight, Burt Reynolds, Ned Beatty, Ronny Cox, James Dickey, Billy McKinney 
Estados Unidos, 1972 
Xénero: thriller
Duración: 110 minutos
Para maiores de 18 anos 

Catro homes de Atlanta deciden ir de excursión ao norte de Xeorxia para descender polo río Cahulawassee en canoa antes de que o seu fermoso val sexa inundado pola construción dun encoro. Os locais advírtenos de que o seu plan é perigoso, pero eles trátanos con condescendencia e desafían a natureza salvaxe. John Boorman confronta a arrogancia do mundo urbano coas ameazas dun mundo non civilizado, nun esquema replicado en centos de filmes de terror. A tensión testosterónica entre os protagonistas medra conforme a violencia exterior os obriga a tomar decisións drásticas. Jon Voight e Burt Reynolds renunciaron a usar dobres na rodaxe, o que contribuíu a aumentar a forza realista do filme.

O CGAC e o Cineclube de Compostela programan unha nova edición do Cine de Verán. Este ano, no cinema ao aire libre, proxecta Fóra de contexto. Ciclo de cine turista, dirixido por Cibrán Tenreiro. As noites dos mércores e xoves do mes de xullo a partir das 22:30 h poderase gozar de seis grandes títulos do cinema internacional que ofrecen unha particular mirada arredor da figura do turista e da viaxe.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra