Evento: Da-reun na-ra-e-suh (Noutro país)
Da-reun na-ra-e-suh (Noutro país)
Dirección e guión: Hong Sang-Soo
Intérpretes: Isabelle Huppert, Yu Jun-Sang, Moon So-Ri, Jung Yu-Mi, Yoon Yeo-Jung, Moon Sung-Geun Corea do Sur, 2012
Xénero: comedia
Duración: 89 min
Para todos os públicos
Isabelle Huppert exerce de turista neste filme de Hong Sang-Soo. Non só dentro del, senón tamén na realidade: o director preguntoulle se quería participar nunha película para a que só tiña decidido o lugar onde filmala, e ao sumarse encantada ao elenco de actores coreanos acabou dándolle forma á película. Huppert interpreta tres variacións sobre a mesma historia. Unha muller francesa chamada Anne chega á cidade costeira de Mohang e alí recibe a axuda da dona do motel onde se hospeda e a dun socorrista. Hong Sang-Soo retorce os códigos da realidade e fai comedia desde o absurdo da comunicación entre persoas que non falan o mesmo idioma.
O CGAC e o Cineclube de Compostela programan unha nova edición do Cine de Verán. Este ano, no cinema ao aire libre, proxectarase Fóra de contexto. Ciclo de cine turista, dirixido por Cibrán Tenreiro. As noites dos mércores e xoves do mes de xullo a partir das 22:30 h poderase gozar de seis grandes títulos do cinema internacional que ofrecen unha particular mirada arredor da figura do turista e da viaxe.