Evento: Retrospectiva: Matías Piñeiro
Retrospectiva: Matías Piñeiro
A proxección das obras do expoñente do novo cinema arxentino Matías Piñeiro encargarase de inaugurar a segunda edición do festival Novos Cinemas. Neste acto proxectaranse todos os títulos do director, comezando pola súa última produción, a película Hermia & Helena, que conta a historia dunha moza directora de teatro que se traslada a Nova York grazas a unha bolsa artística para dedicarse á tradución dunha das obras de Shakespeare.
Tamén se proxectarán títulos do director como Viola, gañadora do premio FIPRESCI en 2013; a mediometraxe Rosalinda, cuxo personaxe principal está inspirado na comedia de Shakespeare Como gustedes. Durante o evento tamén se proxectarán El hombre robado ou La princesa de Francia, unha película que se centra no personaxe feminino da obra de Shakespeare Traballos de amor perdidos.
A través de todas estas cintas do director, pódese comprender a importancia da obra de Shakespeare e do teatro en xeral na súa obra. O cineasta Matías Piñeiro debutou como director e guionista en 2006 coa película A propósito de Buenos Aires, na que participaron 11 directores.