Evento: Santiago Quintáns
Santiago Quintáns
Santiago Quintáns
Festival de jazz ImaxinaSons
Este vigués afincado en Francia é un músico de jazz especializado na guitarra eléctrica, instrumento co que presentará en ImaxinaSons o seu proxecto ARK. En 1995 márchase a Estados Unidos a estudar composición e guitarra jazz. Alí comeza a colaborar con artistas como Maria Schneider ou Kenny Wheeler.
A súa paixón pola guitarra levoulle a desenvolver traballo de investigación sobre este instrumento e as súas posibilidades a nivel compositivo e sonoro. Na actualidade Quintáns desenvolve outros proxectos, como Tip Trick Extended, unha agrupación na que o músico exerce como compositor e guitarrista.