Evento: Festival Internacional de Títeres de Redondela

Festival Internacional de Títeres de Redondela
luns, 15 maio, 2017 a domingo, 21 maio, 2017
Varios espazos,
Redondela

Festival Internacional de Títeres de Redondela

Conta coa participación de 25 compañías

O XVIII Festival de Internacional de Títeres de Redondela conta nesta edición coa presenza de 25 compañías que ofrecerán os seus espectáculos entre o 15 e o 21 de maio. Compañías de Brasil, Arxentina, Italia, Dinamarca, Reino Unido, Estados Unidos, Madrid, Andalucía, Cataluña e, por suposto, de Galicia, compoñen un cartel no que se inclúen actividades escolares, representacións en sala, unha exposición de autómatas e unha festa performance... na praza da Casa da Torre.

Un ano máis, o Festival coincide co día grande da lingua e cultura galegas, o festivo do 17 de maio. Para celebralo, as prazas e rúas da vila encheranse de teatro de títeres e música. Máis de 40 representacións teatrais, actuacións musicais de The Turres Band, espectáculos itinerantes e un espazo de xogos pensado para os máis pequenos.
O programa de actividades compleméntase coa exposición "40 años de La Tartana", unha mostra interactiva onde é o propio espectador o que articula o mecanismo para que funcionen os diversos autómatas que a conforman. Na mañá do domingo desenvolverase a ruada "Eu paseo, eu pastoreo" protagonizada pola compañía catalana Xip-Xap Teatre. Este ano as ovellas serán os animais convidados e o Paseo do Río Maceiras o percorrido. E para celebrar a maioría de idade, a organización organiza neste ano unha festa na praza da Casa da Torre. Tres horas de música en directo coa compañía Sienta la cabeza que fará unha performance participativa que se prolongará durante tres horas.

 

Compañías participantes: Tato Criazao Cenica (Brasil) El Choncón (Arxentina) SalvatoreGatto (Italia) Sofie Krog (Dinamarca) Rod Barnett (Reino Unido) Huber (EE.UU) Explosión “La Tartana” (Madrid) La Canela (Andalucía) Teatapo Teateo (Extremadura) Xip-Xap Teatre (Cataluña) Títeres sin Cabeza (Aragón) Didi Rodan (Madrid) Cachirulo Títeres (Galicia) Tanxarina Títeres (Galicia) EducaTeatro (Galicia) Sienta La Cabeza (Cataluña) Casa dos Xogos (Galicia) Escuadra 17 (Galicia) Títeres Viravolta (Galicia) Plamen (Galicia) O Monifate Teatro (Galicia) A Xanela do Maxin (Galicia) The Turres Band (Galicia) Charanga Taquikardia (Galicia) e Calcetín Furado (Galicia).

Máis información neste enlace: http://www.festivaltiteresredondela.es/

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos