Evento: Festival Arte pola Igualdade 2017
Festival Arte pola Igualdade 2017
Espectáculo escolar co que o alumnado e o profesorado do Centro de Educación Especial (CEE) María Mariño e o Conservatorio de Música da Coruña (CMUS) -baixo a coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)- emprazan a toda a cidadanía a festexar as Letras Galegas 2017 cunha homenaxe moi especial ao autor elixido pola Real Academia Galega, Carlos Casares.
O cartel do festival inclúe un recitado de poemas do autor ourensán ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o 17 de maio, a representación da peza ‘Un polbo xigante’ – da man de alumnado do CEE María Mariño e do CEIP Eusebio da Guarda- inspirada na obra homónima de Casares e un pequeno concerto da Orquestra Sinfónica do CMUS que interpretará, entroutras composicións, temas do folclore tradicional galego. O festival conta tamén coa colaboración do CIFP de Leixa de Ferrol (cartelaría), do IES Imaxe e Son da Coruña (gravación) e do CIFP Someso (maquillaxe e peiteado).
A cita é ás 19:00 horas e a entrada, libre e de balde ata completar a capacidade desta sala, xa pode retirarse no despacho de billetes do propio teatro.
Máis eventos de tipo Festival