Evento: Pedro e o lobo de S. Prokófiev

Pedro e o lobo de S. Prokófiev
mércores, 26 abril, 2017 - 11:00
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Pedro e o lobo de S. Prokófiev

Conto sinfónico interpretado pola Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do concertino James Dalghren interpretará 'Pedro e o lobo' de Sergei Prokofiev. Neste conto sinfónico cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía característica.

Ocompositor ucraíno estreou esta peza en 1936. Nela, os diferentes instrumentos da orquestra representan os distintos personaxes do conto: así, a frauta é o paxariño, o parrulo- o óboe, o gato- o clarinete en la, o avó- o fagot, o lobo está representado con tres trompas, Pedro coas cordas e os cazadores con timbais e bombo.

Máis eventos de tipo Concerto

Ciclo Voices 2024- Mahmood
12 de maio
Pazo da Cultura de Pontevedra
Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3