Evento: XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea

XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea
xoves, 20 abril, 2017 - 20:30
Museo Interactivo da Historia de Lugo ,
Lugo

XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea

Compañías das universidades galegas amosan o seu talento

A décimo quinta edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, un foro artístico pioneiro en Galicia e tamén dos máis lonxevos do panorama universitario español, congregará na caixa negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) catro compañías de danza nacidas ao abrigo do Espazo de Danza da USC, dirixido por Juan Carlos Zahera nos campus de Lugo e Santiago.

Nesta edición, o Encontro de Universitario de Danza Contemporánea achegará ao público lugués as coreografías interpretadas polas compañías danzaUSCompostela, danzaUSC-Lugo, Sen Vergoña do IV Ciclo da USC e a formación independente Son’s.

Máis información, aquí.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos