Evento: Festival solidario Mamá cabra e amigos

Festival solidario Mamá cabra e amigos
luns, 1 maio, 2017 - 17:00
Centro Ágora,
A Coruña

Festival solidario Mamá cabra e amigos

Concerto para colaborar coa campaña de micromecenado da Biopsia Líquida

Gloria Mosquera e Tomi López, fundadoras de Mamá Cabra, organizan este concerto solidario para colaborar coa campaña de micromecenado da Biopsia Líquida que en xaneiro deste ano lanzaron desde o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, é este un grupo multidisciplinar formado por investigadores básicos e clínicos, que centra a súa investigación nun dos maiores desafíos actuais en oncoloxía, as metástase, abordando o seu estudo sempre tratando de cubrir necesidades clínicas reais; desde e para o doente.
 

Neste concerto participarán as organizadoras destefestival: Gloria Mosquera e Tomi López, e estarán acompañadas  por: Diego Maceiras no acordeón, Iago Rodriguez, Javier Constela no piano, Harry Price no violín, Carliños Freire na batería, Brais das Hortas na guitarra e Pablo Vidal no contrabaixo.

​Máis información do festival, aquí.

Venda de entradas, neste enlace: http://www.ticketea.com/entradas-concierto-mama-cabra-amigos-agora/

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos