Evento: Lucía Pérez

Lucía Pérez
mércores, 15 agosto, 2018 - 23:00
Parque dos sentidos,
Amoeiro

Lucía Pérez

En concerto

Continuando coa súa actividade artística, Lucía Pérez ofrece agora outra modalidade diferente en canto.

Trátase dun concerto totalmente acústico dunha hora de duración no que se presentan as cancións acompañadas soamente por guitarra, percusión, harmónica e outros pequenos instrumentos deixando ás voces un protagonismo que noutro tipo de formato non teñen.

O repertorio, presenta moitas das cancións que compoñen o seu último disco Quitapenas, así como éxitos dos seus anteriores traballos, combinados con temas populares do folclore galego, nun concerto ameno, participativo e que o público goza de forma próxima e directa.

A posta en escena, sinxela, íntima e acolledora contribúe a crear ese clima de comunicación entre artista e público no que se palpa a emoción e os sentimentos.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo