Evento: A Pequena Lúa
A Pequena Lúa
A Pequena Lúa
Espectáculo para público infantil da Compañía A Xanela do Maxín
Autores: Luis Vallecillo e Celtia Figueiras
Dirección: Luis Vallecillo
Elenco: Celtia Figueiras, actriz e manipuladora
Sinopse: A pequena Lúa é un espectáculo dirixido a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levar ao espectador a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Nesta historia a protagonista é Lúa, que coñece a un gato viaxeiro, poeta, bohemio e moi paroleiro para xuntos, con cariño e comprensión, descubrir os segredos da vida. Aprenderán que con versos e moita ilusión se pode superar calquera dificultade, e que fuxindo non se soluciona nada, senón con comunicación e entendemento.
Ligazóns