Evento: Guerrera e Totale - concerto dobre + conversa

Guerrera e Totale - concerto dobre + conversa
domingo, 25 xuño, 2017 - 20:00
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Guerrera e Totale - concerto dobre + conversa

Nova cita de Compostela Conversa

Guerrera, a consolidada formación galega que dinamita os conceptos de stoner e post-hardcore no seu terceiro albúm homónimo, recibe no teatro Principal de Santiago a Totale, banda de recente creación na que os veteranos Igor Casayjardín e Jorge Mills apostan pola experimentación, xogando a facer pop romántico con sintetizadores analóxicos.

Esta unión bizarra, chamánica e irrepetible faise posible grazas aos fíos comúns nos que se sustenta Compostela Conversa, que nesta ocasión unen a Hugo Santeiro (Guerrera) e Igor Casayjardín (Totale), diseñadores gráficos que conversarán brevemente antes dos concertos sobre deseño aplicado a concertos, discos e bandas, afondando na súa visión e experiencia persoal. 

Tras a conversa tanto Guerrera coma Totale ofrecerán un concerto enmarcado nesta experiencia única. 

Esta conversa e concerto dobre trátase da última quenda de Compostela Conversaun ciclo de concertos de carácter único que busca fomentar a promoción do novo talento e a reflexión sobre a escena actual, dando voz aos artistas máis alá da actuación musical. Tamén é un espazo de conversa aberta ao público para abrir un debate plural sobre a creatividade, o traballo dos artistas, a situación do novo talento e calquera tema que enriqueza a ruptura da parede entre espectador e artista durante un concerto. Un espazo de diálogo entre as propias bandas e músicos, que poña en contacto o talento galego emerxente con artistas de outros estilos, xeografías e épocas.

Pódense enviar preguntas a compostelaconversa@gmail.com e os e as artistas responderánas o mesmo día do concerto.

PROGRAMA DO CICLO:
25 XUÑO: GUERRERA conversan con Totale

ENTRADAS: 10 euros ( 5 euros para para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais)

 

Venda de entradas. aquí.

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
14 de xuño
Casa da Cultura de Bertamiráns