Evento: Davide Salvado
Davide Salvado
Organizado polo Centro de Artesanía e deseño de Lugo, a capela de Santa María de Lugo está a ser escenario dun ciclo de concertos. Tras Rosa Cédrón, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, tócalle a quenda a Davide Salvado. A entrada será por convite chamando ao teléfono 982210066.
Lobos é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.
Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.
No directo, Davide Salvado (voz, pandeireta e pandeiro cadrado) está acompañado de Santi Cribeiro (acordeón), Pablo Dalama (saxo e frautas) e Carlos Freire (percusión).
Máis eventos de tipo Concerto