Evento: Lubicán íntimo 2017

Lubicán íntimo 2017
venres, 3 marzo, 2017 - 21:00
Casa do Saber,
Lugo

Lubicán íntimo 2017

Xoán Curiel presentará Ecuacións

O ciclo Lubicán, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan o Concello e a Deputación Provincial de Lugo xunto coa USC, garante unha programación cultural estable e de marcado selo galego durante a primavera lucense.

O grupo de música folk Milesios abriu o cartel do Lubicán Íntimo, que ten agora continuidade con Xoán Curiel e seguiralle o 21 de abril o dúo formado por Mónica de Nut e Luís Martíns co seu ‘Raíces aéreas’.