Evento: Entroido dos Xenerais do Ulla
Entroido dos Xenerais do Ulla
Celebración orixinal da comarca do Ulla, que comprende os municipios de Boqueixón,Teo, Touro, Vedra, Santiago de Compostela, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.
A primeira documentación que se ten sobre este entroido data dos anos 70 do século XIX e a orixe, polas características comúns destas mascaradas, hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX.
Os personaxes máis importates son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

