Evento: Federico León

Federico León
martes, 7 febreiro, 2017 - 18:30
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Federico León

Charla-conferencia con este prestixioso e premiado director e autor de teatro e cinema

Federico León (Buenos Aires, 1975). En teatro escribiu e dirixiu Cachetazo de campo, Museo Miguel Ángel Boezzio, Mil quinientos metros sobre el nivel de Jack, El adolescente, Yo en el Futuro, Las Multitudes e Las ideas. Escribiu, dirixiu e actuou na súa primeira película, Todo juntos. En 2007 escribiu e dirixiu xunto a Marcos Martínez, a súa segunda película: Estrellas. En 2009, xunto a Martín Rejtman, escribiu e dirixiu Entrenamiento elemental para actores. En 2014 realizou La última película, unha serie de intervencións en ex cines transformados en estacionamentos de coches. Polo seu traballo obtivo diversas distincións: Primeiro Premio de Dramaturxia do Instituto Nacional de Teatro, Premio Konex 2004 en letras pola produción do quinquenio, Fondo Nacional de las Artes, Primeiro Premio Nacional de Dramaturxia 1996-1999, entre outras.​

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal
Toponimízate 2025
6 de outubro
CPI de Cervantes
Toponimízate 2025
17 de outubro
Casa do Concello