Evento: O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade
O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade
Camilo José Cela (1916-2016). O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade chega á terral natal do escritor despois do seu exitoso paso pola Biblioteca Nacional, onde foi inaugurada polo Rei en xullo e puido visitarse ata setembro. Comisariada polo profesor Adolfo Sotelo, un dos maiores especialistas na obra de Cela, a exposición conforma un retrato poliédrico sobre o Nobel, amosando a súa actividade non só como novelista, senón como xornalista, editor, dramaturgo, actor, pintor ou coleccionista, nun intento de achegarlle ao visitante a potencia creativa do autor.
A través de 600 pezas, a mostra recolle manuscritos e primeiras edicións das novelas máis relevantes, as que o fixeron merecedor do Nobel, do Cervantes, do Príncipe de Asturias e de decenas de galardóns. A mostra presenta unha escolla de obxetos persoais que nos permiten explorar o universo psicolóxico do novelista, dando testemuña das súas ricas relacións persoais e da súa actividade como editor e ‘activista cultural’. O percorrido complétase con curiosidades, como fragmentos de películas na que traballou, ou as súas numerosas coleccións. En relación coa exposición de Madrid, a do Gaiás suma unha sección nova, dedicada a afondar na relación de Cela con Galicia.
A mostra, que poderá visitarse de balde ate o 19 de febreiro, contará cun programa de visitas guiadas. Ademais, a Fundación Cidade da Cultura está a traballar nun programa de actividades didácticas co obxetivo de achegar o contido da mostra aos os diferentes niveis educativos.