Evento: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

  • Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
mércores, 19 outubro, 2016 - 22:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Concerto co traballo The tambourine man

Un total de 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 11 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).

O concerto basearase no The Tambourine Man, o novo traballo de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo...