Evento: FKM 2016

FKM 2016
luns, 24 outubro, 2016 a luns, 31 outubro, 2016
Varios espazos,
A Coruña

FKM 2016

Festival de Cinema Fantástico da Coruña

Un total de 26 fitas –cinco longametraxes e 21 curtas– compiten este ano polos premios das seccións Óperas Primas e Curtametraxes da oitava edición do FKM, o festival de cinema fantástico que se desenvolve durante toda esta semana na Coruña. A Consellería de Cultura e Educación volve apoiar esta mostra a través da convocatoria de subvencións a certames audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) como un dos seus espazos de exhibición.

A sección Made-In-Galicia, as sesións matinais e infantís, as ‘mesas cadradas’ para o debate, as presentacións profesionais e a exposición ‘Bella Muerte’, de Emma Ríos, son outras das citas no programa deste ano, que lle dedicará un espazo preferente á ciencia ficción, así como unha homenaxe póstuma ao director estadounidense Herschell Gordon Lewis, coñecido como o ‘padriño do gore’, quen faleceu o pasado mes de setembro e sobre o que falará o seu produtor, Jimmy Malson.

Ademais, o certame conta coa colaboración da Asociación Galega de Guionistas (Agag), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a European Women’s Audiovisual Network (EWA) na posta en marcha do primeiro Concurso Internacional de Guión para Curtametraxes FKM.

O FKM 2016 asenta a sección adicada aos máis pequenos e amplía a súa oferta á adolescencia, con dúas propostas centradas no cinema de animación xaponesa.

A intención con este pequeno ciclo de filmes e obradoiros é aproximar unha cultura moi diferente á galega, en apariencia, pero na que se atopan numerosas similitudes. Máis información, aquí.

Toda a información, na páxina web:http://freakemacine.org/ e no seu Facebook: http://www.facebook.com/fkmcine/

 

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos