Evento: José Mª Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina

  • Siro López
  • Cao Luaces
José Mª Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina
martes, 29 novembro, 2016 - 18:00
Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos,
Cervo

José Mª Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina

Conferencia de Siro López sobre o debuxante galego emigrado a Bos Aires

O artista plástico e xornalista Siro López, presidente do Club de Prensa de Ferrol, percorre a biografía de Cao e o seu facer artístico, ilustrándoos con imaxes das distintas etapas da súa obra.

Trátase de dar a coñecer a vida e a obra dun artista que acadou no seu tempo prestixio internacional e segue a ser un descoñecido na súa terra, un galego de Cervo emigrado a Arxentina, mestre indiscutible da súa época, considerado o pai da caricatura política arxentina, no Bos Aires que recibía emigrantes de toda Europa e tiña excelentes debuxantes. Considérase que influiu directamente na obra de Castelao. 

A conferencia enmárcase no proxecto expositivo do mesmo título que se pode ver na biblioteca dende o 27 de outubro e que reúne corenta caricaturas do debuxante lucense, co obxectivo de dar a coñecer a obra deste esquecido artista que contribuíu decisivamente a que a ilustración arxentina eclosionase no final do século XIX e comezos do XX.

 

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal