Evento: Barriga Verde, de Manuel María
Barriga Verde, de Manuel María
Viravolta Títeres achega a súa versión do texto do poeta chairego no ano en que se lle dedica o Día das Letras. Con esta iniciativa, ademais de honrar o autor e a compañía quere salientar o interese que os títeres populares espertaron entres a intelectualidade do país, que durante anos foron consciente de que Barriga Verde foi practicamente a única expresión escénica na nosa lingua que existíu en todo o país.
O proxecto, que conta co apoio da Fundación Manuel María, íntegrase no proxecto que desenvolve a Asociación Cultural Morreu o Demo para recuperar o noso títere tradicional. Segundo explica a compañía, a obra que agora se presente é unha “Farsa sobre o “asunto amoroso” en 3 tempos dunha moza casadeira, A Moza, pretendida por O Galego e O Serrador onde as palabras están cargadas de dobre sentido. A resolución dos conflitos entre os personaxes é a xeito das farsas de títeres de cachiporra”.
Esta versión de Barriga Verde foi levada a escena en numerosas ocasións, na maior parte das ocasións a empregar actores. A única versión ata a actualidade realizada con marionetas (de luva) chega no ano 1980 das mans de Os monicreques de Kukas.
Máis información, aquí.
Desta volta, a versión de Viravolta utiliza por vez primeira marionetas de mesa, sendo a única existente na que o popular personaxe non é representado con títeres de luva. Como escenario, a compañía creou un retablo que recrea a barraca de José Silvent.