Evento: Festa da Empanada de Bandeira
Festa da Empanada de Bandeira
Festa da Empanada de Bandeira
Declarada de Interese Turístico, conta con actuacións de bandas, de grupos de baile e música tradicional
A Carballeira das Silvas de Bandeira (Silleda) é xa coñecida como a das Empanadas, xa que desde 1974 celébrase nela, o terceiro domingo de agosto, a festa da empanada galega, un dos pratos máis representativos da cociña galega, que desde antigo se servían nos mosteiros e os mesóns aos peregrinos que pasaban por estas terras cara a Compostela.
Restaurantes e amas de casa compiten coas súas propias receitas pola mellor empanada nun concurso gastronómico presidido por un xurado experto. Despois, as empanadas premiadas son licitadas entre o público para o seu consumo en grupo. As puxas das peñas, entre a algarabía propia da festa, chegan a acadar cifras desorbitadas, moitas veces destinadas a fines benéficos.