Evento: Festórreo

Festórreo
sábado, 30 xullo, 2016 - 10:00 a 23:45
Lira,
Carnota

Festórreo

Teatro, música, gastronomía e cine

A asociación cultural Canle de Lira (Carnota) celebra cada ano por estas datas un orixinal e concorrido festival, o Festórreo, no que se  implica toda a vila. Combínase teatro popular, gastronomía, música e mesmo cine, todo un traballo colaborativo e comprometido baixo a batuta artística do actor Miguel de Lira.

Durante anos celebráronse en Lira unhas xornadas culturais que contaron con apoio institucional e atraeron a milleiros de visitantes, algúns de universidades internacionais. Logo dun parón, a asociación comezou a organizar esta nova versión daquel evento. Así, dende 2013 celébrase o Festórreo na Eira da Cabaseira, onde está o famoso hórreo de Lira.

Entre as actuacións musicais están CANLE NIUS, SES e Los Claretes.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos