Evento: Galicia Fiddle Orquestra

Galicia Fiddle Orquestra
sábado, 20 agosto, 2016 - 21:00
Parque Rúa Nova de Dena,
Meaño

Galicia Fiddle Orquestra

Agrupación de corda de música popular galega, formada por 30 rapaces

A Asociación Galicia Fiddle é unha organización sen ánimo de lucro que xorde no ano 2010 na comarca de Vigo en torno á aula de violín da ETRAD (Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo), que serviu de aglutinador daqueles violinistas interesados na música tradicional.

A principal actividade da asociación é a de organizar cursos cos mellores mestres de todo o mundo, así como a organización do campamento de verán San Simón Fiddle destinado aos nenos e que ten como obxectivo crear en Galicia unha nova xeración de violinistas e chelistas que toquen música popular: folk, rock, blues, jazz etc.

As actividades desenvolvidas por esta asociación fanse sen axuda algunha por parte da administración. Unicamente baseadas no traballo e entrega dun grupo de violinistas entusiasmados coa idea de facer que o fiddle se converta nun instrumento polular e esté presente con normalidade nas distintas manifestacións de folcklore galego.

A orquestra está composta por máis de 30 rapaces, procedentes na súa maioría do sur de Pontevedra, que tocan violín, violonchelo e guitarra, e que na compaña dos seus mestres forman unha agrupación de corda de música popular galega. 

Esta actuación forma parte do programa Galicia Culturea, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a dinamización cultural do verán en distintos concellos de Galicia.

Máis eventos de tipo Concerto