Evento: Festival do Castro

Festival do Castro
sábado, 20 agosto, 2016 - 11:00
O Castro,
Pantón

Festival do Castro

Festival cultural independente galego que celebra a súa décima edición

Na zona de O Castro, que coroa a vila de Ferreira de Pantón, naceu o 28 de xullo de 1979 o que denominaron como Primeiro Festival Galego do Castro. O Festival do Castro deixou de realizarse despois de seis edicións. Despois de varios anos da desaparición a Asociación Cultural e Xuvenil O Castro recuperouno en 2006. Unha forte meta que se impuxo este grupo de xoves de Pantón axudados por outros rapaces de concellos próximos como Sober, O Saviñao e Pobra de Brollón.

Coa recuperación do festival a organización tratou de manter actividades daqueles primeiros anos e ademais introduciu outras novas. A feira de artesanía naceu coa volta do festival, onde unha chea de artesáns da comarca e de todo o país mostran gran variedade de traballos, tales como coiro, barro, prata e licores caseiros. Ademais mantivose o xantar popular como unha continuación do que consta nos primeiros anos.

Entre cartel do 2016 está confirmada a actuación do grupo uruguaio Once Tiros Oficial

Máis información de concertos e outras actividades aquí

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos