Evento: Ariel Ninas e César Prata

Ariel Ninas e César Prata
domingo, 11 setembro, 2016 - 19:30
Castelo de Santa Cruz,
A Guarda

Ariel Ninas e César Prata

Cantos de cego de Galicia e Portugal

César Prata, voz, guitarras, violas, adufe, loops 
Ariel Ninas, voz, zanfona, harmónica, loops 

Este dúo conformado por músicos procedentes de Galicia e Portugal presenta en Espazos Sonoros unha proposta arredor dun personaxe singular na cultura musical universal, a persoa invidente que canta e fai música, e o seu repertorio recollido en ambas as beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos, cancións de orixe sefardí, historias que durante séculos, desde a Idade Media ata os nosos días, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas. Dous músicos de ambos os países, Galicia e Portugal, recrean estas cancións cunha variada instrumentación —zanfona e guitarra, viola braguesa, concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas— nun programa composto, a partes iguais, por melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou rexistradas directamente de informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, Fonsagrada ou Viseu. Estas cancións graváronas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo.

A fortaleza, castelo de Santa Cruz, na Guarda simboliza mellor ca ningún outro este punto de encontro, lugar fronteirizo e defensivo entre as dúas marxes do Miño que se unen, a través das músicas da tradición galega e portuguesa, arredor da chamada “literatura de cordel”.

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria