Evento: Festifolk

Festifolk
sábado, 9 xullo, 2016 - 20:00
Praza do Concello,
Carballo

Festifolk

Os grupos de raíz popular son protagonistas xunto artistas destacados da escena galega

A capital bergantiñá acolle a segunda edición do Festifolk, cita na que os grupos de raíz popular comparten xornada cos artistas máis destacados da escena galega.

Pepe Vaamonde e Xabier Díaz son os cabezas de cartel dunha xornada que se gozará a ritmo de gaitas e que comeza coa concentración das agrupacións de música tradicional que percorrerán Carballo facendo soar os seus instrumentos: Banda Municipal de Gaitas, o Grupo de Gaiteiros do San Cristovo, O Son do Castro, Malante, Cruz de Baixar, Castro-Meda, Farrapos de Neaño, Arume de Caión, Xaramiños do Corpiño, Arume de Berdillo e Aires do Piñeiral.

O desfile concluirá ás 22.00 horas na praza do Concello, onde todos interpretarán ao unísono o Himno do Antigo Reino de Galicia. Despois será o momento de gozar da actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que presentan o disco The Tambourine Man, e de Pepe Vaamonde e o seu Nas pedras do lar.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos