Evento: Gli Incogniti con Amandine Beyer

Gli Incogniti con Amandine Beyer
sábado, 11 xuño, 2016 - 20:30
Círculo das Artes,
Lugo

Gli Incogniti con Amandine Beyer

Concertos teatrais de Antonio Vivaldi para pasar unha agradable velada

Gli Incogniti  é un grupo de referencia da interpretación historicamente informada, interesados tanto polos repertorios máis descoñecidos como polas obras clásicas. Con eles, Amandine Beyer, recoñecida como unha referencia na interpretación do repertorio barroco para violín. 

Dende 2006, Gli Incogniti converteuse nun grupo de referencia da interpretación historicamente informada. Convencidos de que só é posible compartir aquilo do que se goza, as súas interpretacións (en concerto ou en disco) intentan transmitir a súa paixón pola música que tocan. O público e a crítica sinalaron continuamente este pracer de compartir que se desprende das súas interpretacións.

Interesados tanto polos repertorios máis descoñecidos (realizaron primeiras gravacións mundiais de obras de N. Matteis, J. Rosenmüller ou mesmo A. Vivaldi), como polas obras clásicas (os seus discos dos Concerto Grossi de Corelli ou As catro estacións de Vivaldi foron saudadas como versións de referencia), as súas numerosas gravacións discográficas obtiveron o apoio unánime da crítica internacional (Diapason d'or, Choc de Clásica, Editor's choice, Preis der deutschen Schallplattenkritik...).

 Gli Incogniti realizou concertos en Europa, Asia e América tocando nalgunhas das máis prestixiosas salas e festivais do mundo (Utrecht, Sablé, Bruxas, Théâtre de la Ville, Bozar, HautJura, Innsbruck, Boston, Regensburg, Urbino, Via Stellae, Povoa do Varzim...).

Máis eventos de tipo Concerto

Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Resis Festival 2025
10 de maio
Museo de Belas Artes
Maraya Zydeco
10 de maio
Club Clavicémbalo
Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5