Evento: No bico un cantar 2016

No bico un cantar 2016
venres, 3 xuño, 2016 - 17:30
Adro da Igrexa de Santiago de Cangas,
Cangas

No bico un cantar 2016

500 nenas e nenos cantan aos trobadores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega promoven a cuarta edición desta iniciativa na que se funden música e poesía e que neste ano rende homenaxe aos trobadores. 

Despois do éxito das tres anteriores edicións, dedicadas a Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Ramón Cabanillas e celebradas en Santiago de Compostela, Celanova e Cambados, respectivamente; ‘No bico un cantar’ recolle este ano a tradición trobadoresca nas voces e instrumentos do alumnado dos conservatorios profesionais de música da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, baixo a dirección de Maximino Zumalave e co acompañamento do quinteto de metais ‘Hércules Brass’.

Nesta edición interpretaranse 5 pezas, das que unha delas se estreará no concerto. Trátase da cantiga ‘Pois nosas madres’, da autoría de Pero Viviaez e con música de Rogelio Groba para coro infantil e sexteto de metal encargada para a ocasión. O alumnado participante no concerto interpretará, ademais, ‘Canción do mariñeiro’, da autoría de Lourenço e con música de Héctor Villa-Lobos; ‘Quanto sabedes amar-Ondas do mar de Vigo’, con texto e música de Martín Códax; e ‘Rosa das Rosas’, da que é autor e compositor Alfonso X O Sabio. Así mesmo soará ‘Maio longo’, de Rosalía de Castro, con música de José Baldomir.

Agás no caso da peza que se estrea, o compositor Juan Durán foi o encargado de facer as versións e arranxos pertinentes nas partituras. Así mesmo, os textos foron revisados por Henrique Monteagudo.

Máis información

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Danzamos no verán!!!
20 de xuño
CPI de Pontecesures
Saurom
20 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Carlos Varela
21 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5