Evento: Sete falares
Sete falares
Pontevedra convértese, un ano máis, nunha vila de historias co Encontro Internacional de Contadores de Historias que, como cada primavera, volve para encher de historias a cidade.
O festival de narración oral celebra este ano o seu primeiro lustro de vida, chegando así á quinta edición.
Agasallarán coas súas historias importantes narradores e narradoras de Brasil, Portugal, Euskadi, Xapón e Galiza. Serán catro intensos días coa oralidade e a forza das palabras como absolutas protagonistas.
Nos Sete Falares haberá tríos de narradores, rutas de historias e sesións de contos en espazos singulares da cidade de Pontevedra. O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Casa das Campás, o Teatro Principal ou o emblemático adro da Peregrina, serán algúns deles.
O encontro promete ser toda unha festa da narración oral, está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén teremos sesións dirixidas a público familiar. Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura.
Consulta o Programa
Máis eventos de tipo Festival