Evento: Marco Aurélio Brescia
Marco Aurélio Brescia
Marco Aurélio Brescia
Concerto no órgano barroco de Iria flavia da man deste afamado organista italo-brasileiro
Como peche á xornada de rolda polos órganos das terras de Santiago de Espazos Sonoros, ofrécese este concerto de Marco Aurélio Brescia, pianista, organista e doutor en musicoloxía e coñecedor en profundidade da historia dos órganos galegos, tema que tratou na súa tese doutoral. Como organista desenvolve unha importante actividade artística con concertos nos máis importantes festivais e ciclos de órgano de Europa e América do Sur, e centra o seu traballo na interpretación histórica da música ibérica e italiana, repertorio no que ten traballado con mestres como Javier Artigas, Sergi Casademunt ou Emilio Moreno.
Descargas