Evento: Ses
Ses
Ses comparte escenario cos Quempallou dentro do Festival de Normalización Lingüística do Concello de Sanxenxo.
Regresa Ses aos escenarios coa enerxía do vento e cancións cheas de verdade e forza. Ses herda a actitude valente e honesta dos grandes nomes cos que comparte condición de cantautora e decide alentar coa súa música a enerxía da forza colectiva que pula por un tempo novo. Cancións para revoltarse e disentir contra o estado de cousas dun sistema que amarra e inmobiliza.
Despois do éxito de Admirando a condición e Co xenio destrozado, o terceiro disco de Ses, Tronzar os valos confirma unha forma de cantar singular, a flexibilidade de contorsionista dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock.