Evento: VIII Semana de Teatro Afeccionado

VIII Semana de Teatro Afeccionado
luns, 28 marzo, 2016 a sábado, 2 abril, 2016
Teatro Municipal de Tui,
Tui

VIII Semana de Teatro Afeccionado

Cinco estreas e seis grupos teatrais nunha edición onde a comedia é a protagonista

A comedia é a protagonista da VIII Semana de Teatro Afeccionado. Cinco dos seis grupos tudenses participantes apostan por estrear as súas montaxes desta temporada durante esta cita que coincide coa celebración das Festas de San Telmo.

A edición conta cunha participación tanto polos 50 actores que protagonizan as distintas obras, coma polo público que acode á mesma.

O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis é o responsable de abrir esta Semana de Teatro o 28 de marzo, ás 21.15h coa representación da comedia 'O caso da muller asasinadiña' baixo a dirección de Noelia Solla e con nove actores na estrea desta obra.

O 29 de marzo, o grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Xuntanza de Randufe estrea “Romeo e Xulieta”. Areta Bolado dirixe aos dez actores que dan vida a esta comedia que presenta unha versión cómica da obra clásica.  

O mércores 30 de marzo é a quenda do grupo de teatro da Asociación San Fins de Rebordáns que tamén estrea a comedia “A mesa do rincón” dando vida ao texto de Mila Oya.

O xoves 31 o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estreará  “A miña tía e as súas cousas” baixo a dirección de Arseio Gállego Chacón. Os dez actores da obra levarannos  ata a historia dunha tía e a súa sobriña que lembran anualmente a desaparición do marido da tía na Rusia da División Azul.

O venres 1 de abril o grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Seixos Albos de Areas estreará baixo a dirección de Ubaldo Estévez a comedia “Ah...que familia!” con oito actores en escena. De luns a venres as representacións comezarán ás 21.15h.

Por último o sábado 2 de abril, ás 20.15h, o grupo de teatro da Asociación Santiago de Malvas presenta “A verdadeira historia de carapuchiña vermella”, unha obra escrita por alumnos do IES San Paio que achega unha perspectiva diferente do clásico conto.

Ás entradas poranse á venda cada día no despacho de billetes hora e media antes do comezo da función ao prezo de 1,5€. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao patio de butacas.

Máis información

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos