Evento: Concerto de Rockin' Gina & The Sentinels

  • Rockin' Gina & The Sentinels
Concerto de Rockin' Gina & The Sentinels
sábado, 12 marzo, 2016 - 21:30
SalaSon,
Cangas

Concerto de Rockin' Gina & The Sentinels

Actuación do cuarteto de rockabilly clásico de Tomiño

Rockin' Gina & The Sentinels son un cuarteto clásico de rockabilly con voz feminina formado en Tomiño en 2011, sendo pioneiros e referentes deste estilo e estética en Galicia. Interpretan temas propios con melodías coidadas, ritmos enérxicos e unhas poderosas letras que evocan a estética rockabilly dos anos 1950's, con influencias de Johnny Cash, Carl Perkins, Hank Williams, Elvis Presley e Charlie Feathers entre outros.
A banda está formada actualmente por Rockin' Gina cunha voz enérxica e elegante, acompañada polo contrabaixista e voces Klauss Villarroel, o baterista Germán M. López e o guitarrista David Lemos.

En marzo de 2016 publican o seu primeiro LP con 12 temas propios titulado One crazy night!