Evento: Concerto de Quaoar
Concerto de Quaoar
QUAOAR preséntase coma unha banda que practica rock sen ningún límite autoimposto, na cal a creatividade flúe a través dos instrumentos sen ser obstaculizada polas barreiras que un estilo cerrado implica. Partindo desta premisa, o grupo non deixou de evolucionar nos últimos anos, formándose unha identidade propia que o converteu nun referente no rock.
A banda bilbaina en 2007 grava e autoedita o seu primeiro traballo discográfico, Mant's, disco no que se apreciaba a influencia do metal progresivo aínda que observándose xa a súa amplitude de miras, e co que obtiveron unha boa acollida, tendo que reeditar o traballo en 2009. No 2011 editan o seu segundo disco, The river & The soul, traballo este no que se aprecia unha mellora no grupo evocando un estilo máis rockeiro, pero con moita potencia e experimentación polo medio. Este segundo álbum tamén tivo que ser reeditado en 2013 e foi o que lles serviu para gañar a 24ª edición do concurso Pop/Rock Villa de Bilbao.
No 2015 publican o seu terceiro disco Dreamers. Dreaming co que seguen avanzando na súa proposta para o rock nacional.
Quaoar está formada por Josu Palacios (guitarra), Hugo Landaluce (guitarra), Björn Mendizábal (batería), Iñigo L. Agudo (voz, guitarra acústica) e Aitor Zorriketa (baixo).
Máis eventos de tipo Concerto