Evento: Concerto de Sonido Vegetal

  • Sonido Vegetal presenta Verbena Calavera
Concerto de Sonido Vegetal
domingo, 3 abril, 2016 - 20:00
Aturuxo Bar,
Bueu

Concerto de Sonido Vegetal

Actuación da banda punk granadina presentando Verbena Calavera

SONIDO VEGETAL comeza a finais de 2008 partindo das ideas de Néstor Melguizo, voz e guitarra, Manuel Iglesias á trompeta e desde Senegal, Ababacar Kamara á batería, compartindo proxectos con Enrique Morente, Ruben Dantas, Michel Cusson,... A banda está considerada como unha auténtica revolución, que rompe con todo o coñecido ata o día de hoxe. Guitarra, baixo e bombardino acompáñanos nos escenarios onde mostran a súa mellor carta de presentación: O DIRECTO, unha bomba de reloxería ao ritmo frenético do gypsy-punk, cadencias reggae-dub e exquisitas pasaxes african-tribal.
No outono de 2009 editan o seu primeiro, e homónimo, álbum obtendo unha grande repercusión dentro do mercado nacional e internacional. En 2013 sacan o seu segundo traballo, Las bases del razonamiento, no que contaron con colaboracións de Eskorzo e Amparo Sánchez (Amparanoia) un traballo que se pode etiquetar como Gypsy Punk. En 2015 presentan o seu terceiro LP, Verbena Calavera, no que contaron coa produción de Martin Glover. Desde o seu single de adianto, Carromato Punk, un tema que deixa atras o gypsy punk e adéntrase nun estilo máis punk, con espírito xitano, texturas electrónicas e aroma fronteirizo.

O septeto granadino está formado por Néstor Melguizo (voz e guitarra), Manuel Iglesias (trompeta), Beny Parejo (bombardino), Gerardo Única (guitarra), Charlie Morales (baixo), Johans Pedreros (batería) e Fidel Megía (samplers).

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
5 de xullo
A Plazuela
Treides conmigo alén
5 de xullo
Igrexa de Santiago
Concerto
5 de xullo
Praza da Estacion