Evento: Romaría da Tortilla de Laro

  • Imaxe coas racións de tortilla
Romaría da Tortilla de Laro
venres, 5 agosto, 2016 - 10:00
Carballeira de Castro, Parroquia deLaro,
Silleda

Romaría da Tortilla de Laro

Declarada de Interese turístico, reúne ao redor de 10.000 persoas

Na romaría non falta o pregón, a cargo dunha personaxe convidada, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na carballeira con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras. A comisión organizadora e a asociación de amas e amos de casa preparan centos de tortillas en todas as súas variedades posibles: con bacallau, pementos, chourizo, carne, gambas...
Numerosos grupos de amigos da zona comparten unha intensa xornada festiva que remata cunha multitudinaria verbena. Como servizos de loxística, a organización dispón de autobuses ata Laro desde Silleda, A Bandeira e Lalín.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Vieira de Cambados
18 de xullo a 22 de xullo
Cambados
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
18 de xullo a 22 de xullo
Bouzas
Festa da Dorna de Ribeira
18 de xullo a 24 de xullo
Ribeira
Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela