Evento: Fredi Leis

  • Portada do disco
Fredi Leis
sábado, 9 abril, 2016 - 21:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Fredi Leis

Actuación do cantautor compostelán presentando Días Grandes

Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor compostelán que desde pequeno empeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Comeza a compoñer cancións e decide subilas á plataforma Souncloud onde, en pouco tempo, consegue miles de escoitas. Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores.
En novembro de 2015 estrea o seu primeiro EP titulado Días Grandes, este traballo está composto na súa totalidade polo artista e nel contou con Ismael Guijarro.

Días grandes contén 6 cancións con moita personalidade, pop, balada, tinguiduras de rock & blues aderezado con letras poéticas, melodías sinceras e arranxos intimistas son os alicerces deste primeiro traballo. Nel explica diferentes momentos e estados que necesitaba agrupar dalgunha maneira, todos os temas están conectados e a través da produción conseguiuse resaltar o sentido de cada palabra.

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria