Evento: Concerto de A Troba do Bugallo

  • Cartel dos concertos
Concerto de A Troba do Bugallo
venres, 19 febreiro, 2016 - 22:30
A Repichoca,
A Coruña

Concerto de A Troba do Bugallo

Espectáculo de música popular galega Don't move the marks, ho!

A Troba do Bugallo son un grupo de música popular, e de composición propia que nace en Lugo no ano 2014. Música popular galega feita desde un punto de vista festeiro e retranqueiro
O grupo está composto por Eva de la Torre (acordeón e voces), Simón Piñon (guitarra, gaitas, frautas e voces), Elisa de Tome (voces) e Juanjo Rodicio (guitarra e voces).

Don't move the marks, ho!, algo así tan galego como "Non me movas os marcos, ho!" é o nome do seu espectáculo, co que xa queda claro que o que queren é divertirse e montar unha boa festa chea de sons tradicionais, pero aos que lle dan unha volta de folla chea de retranca e ironía. 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura