Evento: Visitas astronómicas
Visitas astronómicas
Visitas astronómicas
Descobre a maxia das estrelas e as noites de Compostela na Cidade da Cultura
O complexo do Gaiás acolle un ano máis as sesións de observacións astronómicas, nas que poder gozar das estrelas e da arquitectura do complexo a un mesmo tempo.
A través de telescopios e prismáticos, e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, os participantes observan a lúa, planetas, estrelas dobres, nebulosas… Ademais, coa axuda dun planisferio, aprenden a identificar as constelacións a simple vista. Unha oportunidade única de coñecer a cara quizais menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura.