Evento: Concerto de Talco
Concerto de Talco
Concerto de Talco
Actuación da banda italiana de ska e punk
Talco é unha banda de orixe italiana nada en Marghera, Venecia, que fai ska e punk. O seu son é contundente, con moita presenza de ventos e que lembra bastante á música de circo e ao folk italiano, mentres que as súas letras teñen unha forte carga de conciencia política, falando sobre temas anticapitalistas, antiimperialistas, antirracistas e antifascistas.
Influídos por Banda Bassotti, Mano Negra, Modena City Ramblers, Ska-P e The Clash, entre outros, rapidamente se fixeron un lugar na escena internacional e convertéronse nunha das bandas de ska máis importantes en Europa.
Ligazóns