Evento: Primos Hermanos 2016
Primos Hermanos 2016
sábado, 20 febreiro, 2016 - 13:00
Diferentes locais da cidade,
Santiago de Compostela Primos Hermanos 2016
Terceira edición deste festival que conecta as escenas musicais galega e asturiana
Compostela acolle a primeira xornada do festival Primos Hermanos 2016. Este intercambio musical entre Galicia e Asturias achegará a diferentes locais da capital o traballo de Fee Reega, Thee Operators, Rodrigo Cuevas, Bobkat´65 e Autotáan. Con posterioriadade, o 5 de marzo serán os galegos Diola, Os amigos dos músicos, Malandrómeda, Músculo e Lengorón os que visiten Oviedo.
Os locais composteláns que acollen esta cita son Cachán Club, Casa das Crechas, Embora e Restaurante Resas.
O programa complétase con sesións de sidra e vermú, respectivamente, ao que se lle engade a oferta de menús típicos de cada lugar.
Máis eventos de tipo Festival